As nosas letras

“Hai xente que fala da vida a través dos conceptos; outros tenden a facelo con imaxes e algúns máis con metáforas. Sempre tiven a tendencia, mesmo nas discusións máis abstractas e volátiles, a entender o mundo baixo a especie do narrado” (Carlos Casares)

O 17 de maio de 1863 saía do prelo Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, o primeiro de moitos libros escritos na lingua propia. Poesía, novela, relato curto, teatro e ensaio verían sumándose pouco a pouco para darlle á nosa lingua o estatuto que merece. Moito choveu xa desde o Rexurdimento e a día de hoxe, os nosos escritores xa non teñen que crear unha lingua literaria, como no caso de Rosalía, agora só teñen que enfrontarse ó papel en branco (como calquera escritor en calquera idioma do mundo). A calidade literaria que demostran é moi de se celebrar: os nosos escritores son traducidos, lidos e aplaudidos más alá das nosas fronteiras. E iso é precisamente o que celebramos hoxe, Día das Letras Galegas.

Unha literatura que exixe un fondo compromiso coa lingua (cousa que non pasa con outras literaturas, coma a española, onde o emprego do castelán dase por descontado) e que malia todo soubo ir moito máis alá dunha literatura panfletaria. Os nosos escritores son auténticos literatos, verdadeiros merecedores de seren contados entre os grandes clásicos da literatura universal. Ó principio fíxoxe necesario falar dos problemas concretos da Galiza, así o fixeron Rosalia e Curros Enríquez. Eduardo Pondal, O Bardo, escribiu das orixes míticas da Galiza, e o seu poema Os pinos converteuse no himno da Patria. Pero non se quedaron ahí. Os nosos escritores leron con atención ós grandes escritores europeos do século pasado e aproveitaron ben as súas leituras. A nosa poesía experimetou as vangardas da man de Manuel Antonio, autor do único manifesto vangardista galego, Máis alá! (1922), a novela experimental e o obxetivismo (ou behaviourism), con obras como Polaroid, de Suso de Toro, ou a temática da memoria histórica, tan recorrida na literatura española dos 90, con Os mortos daquel verán, do protagonista deste Día das Letras Galegas, Carlos Casares. Con este mínimo resumo da historia literaria galega quero resaltar a súa calidade extraordinaria que demostra que pode empregarse o galego para tratar, coas explicábeis diferenzas, dos mesmos temas que outras literaturas europeas.

A especie do narrado

Entender o mundo baixo a especie do narrado, como dicía Carlos Casares, é recoñecer o papel da ficción para explicarse a vida. A ficción é un dos motores máis poderosos para entender o incomprensíbel, para achegarnos as pequenas historias que explican moito mellor a Historia, e, por riba de todo, para abrir novos horizontes ós lectores.

A ficción non é a realidade, tampouco o seu oposto, pero a explica como ningún outro medio pode facelo. Capta cada rostro, constrúe personalidades e investiga os motivos polos que pode cambiar, capta a humanidade e a extrañeza do mundo.

O poder da literatura para combater as inxustizas, expresar o sinsentido da guerra ou, como fai Casares en Xoguetes para un tempo prohibido, expresar as ilusións frustradas dunha xeración non ten límites. E quen teña dudas que lea o poema de Rosalia A xustiza pola man, por exemplo. Escribir é un acto de rebeldía.

A lingua

en galego...

Por desgraza aínda hai quen pensa que o galego pode ser unha lingua poética, é melódica, fermosa e dulce, pero non serve para o cotián. Uns resígnanse a ver cómo o galego perde falantes cada día, xente que ama Galiza, a súa tradición, a súa paisaxe, as muiñeiras e o baile galego, pero que co abandono da lingua en favor do castelán está matando iso mesmo que ama. E o máis triste é que non se decatan. Pois como decía Castelao “se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”. Outros alegan “o dinamismo das linguas” para xustificar o retroceso do galego, eses que verían completa a súa felicidade vendo como morre (mírese o caso de Galicia Bilingüe, ou máis ben “no seas paleto y habla español”). E o peor de todo, ver cómo o goberno do PP recorta miles de millóns en materia de normalización lingüística frenando e causando retrocesos na normalización, ou quita horas de galego nas escolas a favor do castelán, ou no seu defecto do inglés (cousa inxustificada, pois non pensa en preparar ó alumnado para os exames oficiais de inglés, nas horas desa mesma asignatura).

Pero, afortunadamente, non todo son malas novas, o galego crece nas redes, cada vez son máis a contas de twitter en galego e os hastags propostos por estas contas son trending topic durante moitas horas (aínda que tengamos que aguantar a opción de “traducir do portugués”). O galego ocupa o posto 26 nas línguas de internet, non está nada mal.

Por iso, este 17 de maio súmome á campaña de Galiza Nova: REBÉLATE, FALA GALEGO!

na fala...

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s